A cita será ás 10:00 horas no punto de reunión de Lamas de Castelo. Desde ali organizaremos os traballos en función do número de voluntarios que asistan e que se ocuparán de xestionar varios centos de carballos e castiñeiros tanto na sementeira de Lamas coma no propio Monte Pindo, e continuarán cos traballos de espallar gramíneas. A organización ofrecerá aos voluntarios, ademais das ferramentas precisas, bocadillo e durmida gratuita no pavillón municipal de Lamas de Castelo.
Por outra parte, a Asociación está a traballar na creación dun servizo de transporte compartido para por en contacto a voluntarios queiran achegarse a Carnota desde diferentes puntos de Galiza e poidan compartir un mesmo coche co conseguinte aforro de cartos e de enerxía.
Xanela da Lúa ofrece aos voluntarios de SOS Monte Pindo habitacións a 20 euros

Quen desexe aproveitar esta oferta debe porse en contacto con Xanela da Lúa nos teléfonos 617 485 182 ou 981 761 306.
0 comentarios: